Ir al contenido principal

Crónica de una muerte anunciada

Hoy, quisiera dedicar esta entrada a un comentario que dejó ayer un visitante de la web, compostelanista, recibido muy positivamente entre el resto de lectores. El tiempo le dará o le quitará la razón, pero creo que por su nivel de profundidad, fundamentación e interés, merecía tener un espacio aquí, y no sólo en el de comentarios. De hecho, estoy valorando la posibilidad de hacer más entradas con vuestras aportaciones, algunas de ellas verdaderamente interesantes. A los seguidores de fuera de Galicia aquí os lo dejo traducido al castellano. Al resto, aquí lo tenéis en su redacción original:

Desde o momento en que o club tivo coñecemento de que o despido de Iñaki ía custar un ollo da cara (e non os tres meses de indemnización que pretendían pagarlle) os acontecementos posteriores non veñen máis que a confirmar a crónica dunha morte anunciada.

Quinteiro cansou. Cansou de pór cartos e non ten pensado pór nin un peso máis. E a proba é que nos días seguintes á destitución de Iñaki tanto Quinteiro como Quinteiro Jr. falaban de que se manexaba unha carteira de adestradores ampla, que buscaban alguén con experiencia na categoría, que coñecera o grupo, etc, etc, etc. Até que de súpeto bateron coa realidade de que ter que pagarlle esa cantidade a Iñaki en concepto de finiquito facía na práctica inasumíbel a contratación dun novo adestrador. E aí tendes a Mariano, dous meses despois, cunha bagaxe de 1 vitoria, 1 empate e 4 derrotas en liga (4 puntos de 18, empeorando o feito por Iñaki) e eliminados da Copa Federación ás primeiras de cambio sen ser quen de gañar nin un só partido a un equipo de Terceira división.


E con respecto ás baixas dadas (Rubén Sánchez e Gerard Oliva) e as que quedan por dar (fálase de Goti, Orbegozo), que casualmente se trata dalgúns dos xogadores que máis cobran, estas non responden a outra idea máis que a de tentar alixeirar o máximo posíbel a masa salarial chegando a acordos de rescisión con eles para aforrar as súas fichas até xuño, mentres se buscará traer xogadores cedidos como Bicho (asumindo o Dépor parte da súa ficha) ou Lemos (ao que non creo que lle interese moito vir tal e como estamos). E por suposto teremos a Alberto Mariano todo o ano. Porque se de verdade a causa fose a falta de compromiso, Oliva e Rubén Sánchez non estarían convocados e xogando até o último partido de antes de marchar. Iso non ten nin pés nin cabeza. Se tes alguén que non está comprometido e por iso o queres botar, mentres non o botas tes que deixalo na grada. Senón que mensaxe lle estás a dar a aqueles que si traballan e se esforzan día a día nos adestramentos? A única explicación de non contratar un adestrador e destas rescisións e das que queden por vir é alixeirar a masa salarial todo o posíbel para non perder máis cartos porque xa se dá a temporada e o proxecto por perdido.


Así que ídeo asumindo, eu creo que ou moito cambian as cousas ou acabou o Compos de Quinteiro. Todos os pasos dados semellan indicar que está tentando gastar o mínimo posíbel para vender o club en xuño a quen llo queira comprar (se é que alguén quere). Por suposto, para saír en Terceira. Repito, se alguén o quere.


E ao final todo isto só ten un culpábel, que é Quinteiro. Todo o ben que lle fixo o Compos sacándonos de onde estabamos, pagando as débedas e traéndonos até Segunda B até o punto de incluso poder chegar a soñar cun ascenso a Segunda, estragouno desde o momento en que decidiu levar o club como o seu “cortijo” particular, rodeándose de amigos e enchufados. E que si, que ten todo o dereito do mundo a facelo porque a fin de contas o Compostela non deixa de ser a súa empresa, pero demostrou nula dilixencia como empresario. Se no seu día decidira afastarse dos chupópteros que o rodean e se deixara asesorar por xente de fútbol agora o conto sería ben distinto. Pero isto é o que pasa cando te fías de calquera que che conta catro contos bonitos para sacarche os cartos e acabas traendo matados da outra punta de España que cobran unha pasta e dos que só viches catro vídeos, cando aquí no Grupo I de Segunda B ou no Grupo I de Terceira hai centos de xogadores mellores, e máis baratos, e aos que podes facer un seguimento todo o ano se queres mandando xente a ver os partidos de primeira man e sabendo en realidade o que fichas. Pero para iso hai que saber de fútbol, saber o que se quere, patear campos, facer informes, ver moitos xogadores e moitos partidos e non simplemente facer catro chamadas desde a cómoda butaca dun despacho ou esperar a que algún representante che ofreza ao novo Messi. E aqueles que de verdade traballaban e cuestionaban os métodos de Quinteiro acabaron como acabaron (Piñeiro, Castiñeiras). Pero así estamos, vídeos por aquí, comisións de representantes por alá, colocar ao meu fillo que non ten nin idea no posto de maior responsabilidade na estrutura deportiva dun club, asinando a un adestrador por dous anos sen saber o que estás asinando, e en definitiva, equivocarte en absolutamente todo no que te podes equivocar.


Pois así nos vai e sinceramente, eu de vós iríao asumindo, creo que a Quinteiro agora que xa montou as súas empresas en Santiago e se deu a coñecer un pouco como empresario no mundillo casposo que rodea o Santiago da “Vida social compostelana” do Correo Gallego, o Compos dálle bastante igual e que non ten pensado gastar nin un euro de máis no club, o que irremediablemente, sen adestrador, e co que temos (ou poidamos conseguir cedido ou a prezo de saldo) non nos dá nin para facer 10 puntos máis en toda a segunda volta.